"O uso de WhatsApp –ou calquera outra aplicación similar, como Line– por parte dos adolescentes suscita novos problemas a ter en conta. O primeiro deles é a adicción. Estar pendente da resposta dunha mensaxe que acaban de enviar ou revisar continuamente a lista de contactos para saber a última hora de conexión ou ver si viron a mensaxe que se enviou anteriormente, son comportamentos moi habituais non xa só de adolescentes senón tamén de adultos. E isto pode interferir na atención que deben prestar en determinados momentos ao estudo, ás tarefas habituais ou ata a outras formas de lecer."
Jorge Castro Ruso